Pasar al contenido principal

Seminario web con inscrición previa

Os enlaces de Acceso Aberto en Web of Science (nivel avanzado)

12.11.2024 | 14.00h-15.00h

A FECYT e Clarivate organizan o II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos.

Xa está aberta a inscrición nas formacións da Fecyt de Web of Science de novembro
Xa está aberta a inscrición nas formacións da Fecyt de Web of Science de novembro

A formación, impartida durante o segundo semestre do ano, está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e consta de tres sesións por mes de 60 minutos de duración.

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As formacións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

A formación terá os seguintes obxectivos:

  • De onde proceden os enlaces de Acceso Aberto?
  • Interpretar as versións deAcceso Aberto en Web of Science
  • Instalar, configurar e utilizar EndNote Click

Apúntate ao webinar picando neste enlace.

Toda a información dos cursos atópase dispoñible na páxina da FECYT.

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2024.