Pasar al contenido principal

VIII Congreso Nacional de Enfermaría e Saúde

19.09.2024-20.09.2024

Santiago de Compostela

Sede da Facultade de Enfermaría compostelá. FOTO: Santi Alvite
Sede da Facultade de Enfermaría compostelá. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Enfermaría compostelá acolle este xoves 19 a partir das 16.00 horas a primeira xornada do VIII Congreso Nacional de Enfermaría e Saúde, que continuará o venres 20 no Auditorio de Galicia. O encontro ten como lema Innovación e práctica avanzada, facendo camiño.

Na xornada do xoves desenvolveranse obradoiros e presentaranse comunicacións, arredor de temas como o soporte vital avanzado para enfermaría ou a medición de risco cardiovascular en atención primaria.

O venres 20 a partir das 9.00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Auditorio de Galicia. A conferencia inaugural corre a cargo de Munt García Font, enfermeira e profesora asociada da Universidade de Barcelona, que falará sobre Simulación no ámbito educativo e clínico, dous universos paralelos e interrelacionados? A relatora será presentada polo profesor da USC e enfermeiro Santiago Martínez Isasi.

A continuación desenvolveranse mesas redondas temáticas, nas que se tratarán temas como o uso da realidade virtual na ensinanza para abordar accidentes con múltiples víctimas ou a intelixencia artificial aplicada á formación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.09.2024.