Pasar al contenido principal

Exposición '¿Encontraría a Julio Cortázar?... cuarenta años después'

26.09.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Como parte das actividades programadas polo 50 aniversario da Facultade de Filoloxía, este xoves 26 de setembro ás 12.00 da mañá terá lugar no segundo andar do centro a presentación da exposición '¿Encontraría a Julio Cortázar?... cuarenta años después', nun acto que presidirá o decano, Elias Feijo, e no que tamén estarán presentes a vicedecana Elsa González, e os directores do Museo del Escritor de Madrid, Claudio Fabián Pérez Míguez e Raúl Manrique Girón, que farán unha visita guiada á exposición a partir das 12.15 horas.

A mostra poderase visitar ata o 25 de outubro no primeiro e no segundo andar da Facultade de Filoloxía. Amosa fondos do Museo del Escritor de Madrid e constitúe unha homenaxe a Julio Cortázar ao cumprirse corenta anos da súa morte e cento dez anos do seu nacemento. A través dela pode realizarse un percorrido pola vida e a obra deste escritor mesmo en aspectos moi pouco coñecidos. Así, será posible contemplar todas as primeiras edicións das súas obras e traducións, fotografías orixinais, publicacións na prensa da época, discos, gravacións e un importante número de obxectos persoais. A exposición permite, polo tanto, unha inmersión completa, de carácter multidisciplinar, no universo cortazariano.

Cartel da mostra
Cartel da mostra
Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2024.