A USC convoca axudas para prácticas para estudantes de grao ou máster en empresas ou institucións de países europeos ao abeiro do Programa Erasmus+ (países membros da Unión Europea (UE), así como Noruega, Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Turquía e Serbia).
As prácticas poden realizarse en empresas ou institucións de diverso carácter e por un período mínimo de dous meses, entre o 15 de xaneiro e o 31 de xullo de 2025.
As mobilidades para o período posterior, de xullo de 2025 a 2026 só poderán solicitarse posteriormente (previsiblemente en abril de 2025).
Nesta páxina resúmese o programa; as condicións detalladas deben consultarse na convocatoria e as consultas dirixirse ao enderezo de correo erasmus.practicas [at] usc.gal.
Prácticas Erasmus+
Ligazón á Convocatoria no Taboleiro Electrónico: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es)
A convocatoria de Prácticas Erasmus+ do curso 2024-25 diríxese a estudantado de grao ou máster para realizar prácticas de dous a seis meses, entre o 15 de xaneiro e 31 de xullo de 2025. O máximo de meses financiados será de catro meses.
A selección realizarase a través dun procedemento competitivo e asignaranse as axudas en función da valoración obtida, ata o límite orzamentario proposto para cada prazo de solicitudes.
Prazos
É unha convocatoria competitiva con dous prazos de solicitudes que se abrirán a través da Secretaría Virtual e que se resolverán de xeito independente:
- 1º prazo: de 18 de outubro a 18 de novembro de 2024
- 2º prazo: de 14 de xaneiro a 14 de febreiro de 2025
So sé admitirá unha solicitude por prazo. A solicitude dunha segunda estadía para unha entidade distinta no segundo prazo estará condicionada á demanda do programa de prácticas, tendo prioridade as candidaturas que non fosen xa beneficiarias dunha mobilidade na mesma convocatoria
Resolucións
As resolucións derivadas da convocatoria publicaranse no Taboleiro electrónico da USC e no apartado de resolucións nesta páxina. Serán as correspondentes ás solicitudes admitidas e excluídas e á proposta de asignación de destinos (todas elas coas súas resolucións provisionais e definitivas).
Inicio das mobilidades
As mobilidades só poderán iniciarse unha vez publicadas as correspondentes resolucións e realizados todos os trámites previos requiridos na convocatoria.
Documentación requirida para a solicitude:
A solicitude debe realizarse a través da Secretaría Virtual (https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/). Non pode gardarse unha vez iniciada, así que debes asegurarte que contas con toda a documentación a man antes de comezar. Esta é a documentación necesaria:
a) Carta ou e-mail de aceptación da empresa ou institución de destino empregando o modelo que se encontra a disposición no Anexo II, que debe incluír tamén o visto e prace do/a Responsable Académico/a de Mobilidade (RAM) do Centro.
b) Acreditación do nivel de lingua:
- Certificacións ou títulos que acrediten o coñecemento de linguas estranxeiras.
- Documento que acredite algunha das circunstancias para os efectos da exención ou exencións pertinentes consonte á base 2.5 da convocatoria (no caso das exencións por titulacións ou por proba do CLM, subir documento de Word indicando a causa que se alega).
c) Declaración responsable con relación á previsión de viaxe ecolóxica, aos meses realizados en mobilidade a través do Programa Erasmus+ e as circunstancias alegadas para a consideración de estudante con menos oportunidades, de ser o caso, segundo o modelo correspondente ao Anexo III.
d) Motivación e plan de traballo (formato libre).
Empresas/institucións admitidas
O estudantado é quen debe buscar as prácticas para participar no programa. A organización de acollida pode ser calquera organización pública ou privada dun país do programa activa no mercado de traballo ou nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude, a investigación e a innovación.
Quedan excluídas como organizacións de acollida:
- Institucións oficiais da UE e outros órganos da UE (https://europa.eu/european-union/about-eu/institutions-bodies_es).
- Organizacións que xestionen programas da UE, como as Axencias Nacionais de Erasmus+.
Axuda á busqueda da empresa/institución
A Oficina de Mobilidade pon á disposición do alumnado unha guía para a procura de empresas no lateral desta páxina e unha ligazón con oportunidades que poidan ir chegando: Oportunidades externas á USC | Universidade de Santiago de Compostela
Para a presentación do CV, recoméndase usar o modelo de Europass e para a carta de presentación o modelo dispoñible en https://europass.europa.eu/es.
Resolucións
Resolución provisional de solicitudes admitidas e excluídas: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (publicada 29/11/2024)