Elaborado no marco de 'A Economía Galega. Informe'

No marco de A Economía Galega. Informe, que publica o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (Idega), elabórase cada ano un informe especial sobre un tema de relevancia que, na presente edición, aborda os retos e as consecuencias da transición industrial en Galicia.
O informe ‘Transición Industrial. A oportunidade de reindustrialización que Galicia non pode perder’ preséntase este mércores 9, ás 10.00 horas no Salón Camelia do Hotel Araguaney, nun acto no que interveñen a coordinadora de Economía Galega. Informe, a profesora da USC Dolores Riveiro; o catedrático de Física da USC Luís Miguel Varela; a subdirectora xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego, Carmen Orgeira; o director xeral de IMPULSA Galicia, Julio Pombo; o secretario xeral adxunto da CEG, José Manuel Maceira, e o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón.