Pasar al contenido principal

Presentación do monográfico sobre educación emocional da revista 'Relieve'

30.10.2024 | 12.00h
Pazo de Montenegro
Pazo de Montenegro

A presentación do número monográfico Educación emocional en tiempos de crisis global, coordinado por María Dolores Fernández Tilve, profesora do departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC e coordinadora do grupo de investigación ATALAIA, e Raquel Amaya Martínez González, catedrática da Universidade de Oviedo, terá lugar o mércores 30 de outubro a partir das 12.00 horas no Pazo de Montenegro en Lugo. A presentación estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e contará coa participación do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.

No resumo de presentación do monográfico, a revista indica que a educación emocional se fai "inescusable na actualidade para axudar as persoas para afrontar situacións complexas que requiren, en moitas ocasións, solucións innovadoras".

Nese sentido, explica, "os axentes educativos, tanto formais como non formais e informais, non sempre se senten suficientemente preparados para educar neste ámbito. Por iso, faise prioritario abordar a formación en aspectos socio-emocionais dunha maneira sistemática na esfera educativa. Este monográfico, elaborado desde unha mirada multidisciplinar, inclúe estudos que pretenden achegar bases conceptuais e ferramentas metodolóxicas que contribúan a desenvolver a educación das emocións e a fomentar o benestar das persoas como dereito fundamental. No contexto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e no horizonte de 2030, a saúde mental adquire unha relevancia crecente, que convida a impulsar proxectos que fortalezan a práctica da educación emocional de calidade, imprescindible para afrontar tempos de crises como os actuais".

Portada do monográfico
Portada do monográfico
Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2024.