Pasar al contenido principal

Imposición de Medallas da Academia Joven de España

24.10.2024 | 17.30h

Santiago de Compostela
Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O profesor da Universidade de Califormia (EE.UU) Gregory Weiss recollerá a insignia de Académico de Honra

O acto será no Salón Nobre de Fonseca. Foto: Santi Alvite
O acto será no Salón Nobre de Fonseca. Foto: Santi Alvite

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, preside este xoves 24 ás 17.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o acto de Imposición de Medallas da Academia Joven de España.

Logo da apertura polo reitor, terán lugar as intervencións do presidente da Academia, Óscar Lucía Gil; da delegada Institucional del CSIC en Galicia, Carmen González Sotelo; do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e da secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Eva Ortega Paíno. O acto proseguirá coa presentación dun resumo das actividades da entidade a cargo do académico secretario da Academia, Daniel García González.

Antes de entregar as medallas, o profesor da Universidade de Califormia (EE.UU) Gregory Weiss recollerá a insignia de Académico de Honra da man de Óscar Lucía.

A continuación, terá lugar a imposición de medallas aos académicos correspondentes Javier García Martínez, Jesús Martínez de la Fuente e Jesús Martínez Moguerza e aos académicos e académicas de número José Jaime Baldoví Jachán, Elena del Corro García, Rosa María Fernández García, Francisco Pelayo García de Arquer, Irene Lebrusán Murillo, Ana Ortega Molina e Carlos Tornero Dacasa.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2024.