Pasar al contenido principal

II Xornadas de Empregabilidade en Enxeñaría Ambiental

14.11.2024 | 15.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Santi Alvite
Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Santi Alvite

As II Xornadas de Empregabilidade en Enxeñaría Ambiental desenvolveranse o xoves 14 de novembro a partir das 15.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE), coa intención de converterse en punto de encontro entre estudantes, persoas egresadas, profesorado, persoal investigador e profesionais do mundo da empresa e a administración con vinculación ao sector da enxeñaría e as tecnoloxías ambientais.

A inscrición é gratuíta e para asistir a elas é preciso rexistrarse previamente ata o 12 de novembro enviando un correo a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) ou rosamaria.arcos [at] usc.es (rosamaria[dot]arcos[at]usc[dot]es), xa que o número de prazas é limitado.

Haberá tres mesas redondas, sobre o itinerario profesional na empresa e na administración, a investigación no Centro Singular CRETUS e as experiencias profesionais de persoas egresadas do Mestrado en Enxeñaría Ambiental. A xornada pecharase cun obradoiro de networking informal na cafetaría da ETSE.

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2024.