Pasar al contenido principal

Acto de ingreso de Azucena Mora Gutiérrez na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

31.10.2024 | 17.30h

Deputación Provincial de Lugo

A catedrática de Microbioloxía na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo abordará no seu discurso de ingreso o crecente problema da resistencia aos antibióticos dende un enfoque integral One Health

Azucena Mora é catedrática na USC
Azucena Mora é catedrática na USC

A profesora da USC Azucena Mora Gutiérrez tomará posesión da cadeira número 21 de académica correspondente nacional da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia o vindeiro xoves 31 de outubro, nun acto que se desenvolverá na Deputación Provincial de Lugo, a partir das 17.30 horas. A profesora Mora abordará no seu discurso de ingreso o crecente problema da resistencia aos antibióticos dende un enfoque integral One Health. Esta perspectiva conecta a saúde humana, animal e ambiental, subliñando a interdependencia entre estes ámbitos para enfrontar os desafíos globais da saúde.

Azucena Mora é catedrática de Microbioloxía na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e é recoñecida polas súas investigacións sobre Escherichia coli (E. coli). O discurso de contestación será pronunciado pola académica de número Cristina Castillo Rodríguez. A sesión ten lugar en vésperas do Día One Health, que se conmemora o próximo 3 de novembro, e da Semana de Concienciación sobre a Resistencia aos Antimicrobianos (18 ao 24 de novembro).
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.10.2024.