Pasar al contenido principal

Conferencia ‘Os escitas das estepas euroasiáticas’ a cargo do presidente da Fundación do Patrimonio Cultural de Prusia, Hermann Parzinger

31.10.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo da Universidade

Os escitas son culturas nómades de finais da Idade do Bronce e a Idade de Ferro que viviron durante o primeiro milenio antes de Cristo

O prehistoriador Hermann Parzinger
O prehistoriador Hermann Parzinger

O grupo de investigación EcoPast da USC organiza para o vindeiro 31 de outubro una conferencia do profesor Hermann Parzinger, un dos maiores especialistas no mundo dos escitas, culturas nómades de finais da Idade do Bronce e a Idade de Ferro que viviron durante o primeiro milenio antes de Cristo nas estepas euroasiáticas.

O prehistoriador Parzinger, que intervirá ás 19:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) co relatorio ‘Os escitas das estepas euroasiáticas’ é actualmente presidente da Fundación do Patrimonio Cultural de Prusia (Berlín) e ten participado e liderado numerosos proxectos e escavacións en países como España, Turquía, Kazajistán, Uzbekistán, Mongolia e Rusia.

Entre os seus logros arqueolóxicos máis importantes destaca a excavación, en cooperación co Museo Estatal do Hermitage, do kurgán principesco de Arzhan 2 (no sur de Siberia), unha tumba intacta dun príncipe e unha princesa escitas con máis de 6.000 obxectos de ouro. Desenvolveu tamén a súa investigación na zona mongola das montañas de Altai, en cooperación co Instituto de Arqueoloxía e Etnografía da División Siberiana da Academia de Ciencias de Rusia en Novosibirsk e o Instituto de Arqueoloxía da Academia de Ciencias de Mongolia en Ulán Bator, onde descubriu unha momia conxelada dun guerreiro escita tatuado.

Entre as súas obras recentes destacan Der Goldschatz von Aržan. Ein Fürstengrab der Skythenzeit in der südsibirischen Steppe (El Tesoro de Oro de Aržan. Una Tumba Príncipe de la Era Escita en la Estepa de Siberia del Sur) (Múnich 2006); Die frühen Völker Eurasiens. Von der Jungsteinzeit bis zum Frühmittelalter (Los Primeros Pueblos de Eurasia. Desde el Neolítico hasta la Alta Edad Media) (Múnich 2006, 2011); Verdammt und vernichtet. Kulturzerstörungen vom Alten Orient bis zur Gegenwart (Maldito y Destruido. Destrucción Cultural desde el Antiguo Oriente hasta la Actualidad) (Múnich 2021).
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2024.