Pasar al contenido principal

Conferencia do arquiveiro da Scala de Milán na exposición ‘Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX’

06.11.2024 | 20.00h

Real Sociedade Económica de Amigos do País (Praza Salvador Parga, 4)
Santiago de Compostela

A charla ‘Cantantes galegas dos séculos XIX e XX no Teatro Alla Scala de Milán’ será na Real Sociedade Económica de Amigos do País ás 20.00 horas

Teatro alla Scala de Milán. Foto: George M. Groutas
Teatro alla Scala de Milán. Foto: George M. Groutas

O arquiveiro do Arquivo Histórico do Teatro da Scala de Milán, Andrea Vitalini, será quen peche este mércores 6 o ciclo de conferencias organizado arredor da exposición ‘Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX’. A charla, titulada ‘Cantantes galegas dos séculos XIX e XX no Teatro Alla Scala de Milán’, desenvolverase na sede da Real Sociedade Económica de Amigos do País (Praza Salvador Parga, 4) ás 20.00 horas.

Precederon a Vitalini neste ciclo de conferencias, o profesor da USC e comisario da mostra, Javier Garbayo, quen escolleu o tema Cantantes Líricas polo mundo no século XIX; a outra comisaria, María del Carmen Lorenzo Vízcaíno, que fixo o propio coas cantantes do XX; e o crítico Arturo Reverter, quen falou das irmáns Ofelia Nieto e Ángeles Ottein.

A exposición
A exposición ‘Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África’ pode visitarse ata o 16 de novembro no Colexio de Fonseca. A mostra recupera a memoria de 23 mulleres en 18 paneis informativos ilustrados –organizados todos eles a modo de bastidores dun teatro- e 10 amplas vitrinas onde se recompila abondosa documentación, tanto de carácter persoal como profesional, de cada unha delas. Ademais, os contidos sonoros inzan esta mostra grazas ás gravacións realizadas entre 1920 e 1970 e conservadas até día de hoxe.

A iniciativa é produto dunha estreita colaboración entre institucións, xa que está organizada pola USC xunto coa Axencia Estatal de Investigación, con Amigos de la Ópera de Santiago e cos grupos de investigación da USC organistrun (GI-2025) e Tecnoeduc (GI-1438). Ademais están implicadas institucións galegas, estatais e internacionais. A listaxe de colaboración inclúe a Xunta, o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña, a Academia Galega de Belas Artes, a Biblioteca Nacional de España, o Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, a Filmoteca Española, a Fundación Juan March, o Museo Casa de la Troya, o Museu de les Arts Escèniques, a SGAE, o Teatro La Fenice de Venecia e o Teatro alla Scala de Milán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.11.2024.