Este ano correspóndelle á Facultade de Química a súa organización

As Facultades de Ciencias da Universidade de Santiago -Matemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química- celebran este xoves 14 de novembro na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química a festividade do seu patrón, Santo Alberte Magno.
O acto académico, que abrirá ás 12.30 horas a secretaria xeral da USC (ás 12.00h servirase un café), Dulce María García Mella, contará coa conferencia ‘Das fronteiras das ciencias e da ciencia sen límites’, impartida pola profesora Marta Lores Aguín.
A cerimonia proseguirá coa entrega de premios do concurso ‘A Ciencia en Imaxe’ e ás mellores comunicacións nas categorías de mestrado e doutoramento presentadas na IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da Química (XINQ_4). O decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín Matalobos, intervirá tamén en nome de todos os centros de Ciencias.