Pasar al contenido principal

Charla de Jaime Landeta, cofundador e actual CEO de Apodemia

13.11.2024 | 11.00h

MarketingHub: Ciclo de Charlas sobre Innovación, Marketing e Transformación Dixital

Márketing e transformación dixital, eixo das charlas
Márketing e transformación dixital, eixo das charlas

Jaime Landeta, cofundador e actual CEO da cadea de xoiería de autoría Apodemia, será quen inaugure este mércores 13 o ciclo de charlas abertas sobre Innovación, Marketing e Transformación Dixital que organiza o grupo de innovación docente en Xestión de Datos e Novas Tecnoloxías na Educación en Márketing. O relatorio será ás 11.00 horas no salón de graos da Facultade de Administración de Empresas.

Jaime Landeta estudou Ciencias Económicas e complementou a súa formación cun mestrado de Análise e Valoración de Empresas (IEB). Antes de lanzarse ao mundo emprendedor con Apodemia, gañou experiencia profesional en grandes compañías como BBVA e Altium Capital.

O ciclo
O ciclo de charlas continuará a desenvolverse na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo os días 21 de novembro e o 18 de decembro.  No marco desta iniciativa, profesionais e persoal académico de recoñecido prestixio abordarán diversos temas no campo da innovación, o márketing, o emprendemento e o impacto da tecnoloxía nestas áreas. Todos os relatorios terán lugar no Salón de Graos do centro. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.11.2024.