19.12.2024 | 12.00h
Obra de Nicolás Sesma,da Universidade de Grenoble

O grupo de investigación Hispona da USC organiza este xoves 19 un debate arredor da presentación do libro Ni una, ni grande, ni libre. La dictadura franquista, obra publicada en Crítica da autoría de Nicolás Sesma, da Universidade de Grenoble. Será ás 12.00 horas na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia.
No acto, o autor estará acompañado dos catedráticos de Historia Contemporánea Xosé M. Núñez Seixas e Emilio Grandío Seoane.
