Pasar al contenido principal

Un curso conmemora o bimilenario da morte do poeta Publio Ovidio Nasón

Un curso conmemora o bimilenario da morte do poeta Publio Ovidio Nasón
Un curso conmemora o bimilenario da morte do poeta Publio Ovidio Nasón

Co lema ‘ De Roma á cultura dixital: 2000 anos de Ovidio’, a Universidade de Verán da USC conmemora o bimilenario da morte do poeta Publio Ovidio Nasón, dando a coñecer aspectos novos da súa obra e, en especial, mostrar a pervivencia do poema das Metamorfoses na cultura visual, así como a enorme influencia e repercusión dos contidos mitolóxicos formulados polo poeta en diversos ámbitos, tanto filolóxicos como artísticos, desde a época romana ata o século XXI. A matrícula neste curso pode formalizarse ata o próximo venres 9.

Neste curso monográfico explorarase a imaxe do autor e a súa realidade histórica, así como os aspectos literarios da obra ovidiana dende a súa concepción ata a súa transmisión ao longo deste mil anos. Ademais prestarase atención á presentación da realidade da obra transformada en imaxes en diversos ámbitos: no abundante desenvolvemento das ilustracións que acompañaron os centos de edicións de obras ‘ovidianas’ e na influencia das imaxes xeradas a partir dos contidos das distintas obras na pintura no Renacemento e o Barroco, nas formulacións artísticas do século XIX e na obra de Picasso.

Unha parte importante do curso porá o foco na presentación da relación do autor coa cultura dixital do momento a través da presentación de dous proxectos de investigación de Humanidades Dixitais, profundando nos contidos técnicos e as posibilidades de traballo e difusión que encerran estes novos medios de análise e investigación dos contidos das disciplinas humanísticas.

Para completar o programa, celebraranse actividades no marco da exposición que acolle o Colexio de Fonseca sobre as edicións ilustradas de Ovidio procedentes das bibliotecas galegas. Toda persoa interesada na oferta da Universidade de Verán, ten toda a información na web.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2017.