Pasar al contenido principal

Congreso 'Remover Roma con Santiago: novas perspectivas calderonianas'

09.01.2025 | 09.30h

Santiago de Compostela

Centro de Estudos Avanzados da USC. FOTO: Santi Alvite
Centro de Estudos Avanzados da USC. FOTO: Santi Alvite

Os avances no proxecto Calderón Digital, que inclúe a dixitalización e a transcrición de obras teatrais do escritor do Século de Ouro Pedro Calderón de la Barca e a análise de diversas obras creadas ou inspiradas por el son o eixo do congreso 'Remover Roma con Santiago: novas perspectivas calderonianas', que se inaugura este xoves 9 de xaneiro ás 9.30 no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago.

O primeiro relatorio, a cargo de Santiago Fernández Mosquera, do Grupo de Investigación Calderón da USC (GIC-USC) é precisamente sobre a dixitalización das obras do dramaturgo: ‘Calderón dixital: Roma e Santiago. Enfoques diferentes, obxectivos complementarios’. A continuación falará Fausta Antonucci da Universidade Roma Tre sobre ‘A complicada historia textual de El alcaide de sí mismo’, Luis Iglesias Feijoo do GIC-USC sobre ‘Un soneto de Calderón’ e Paula Casariego (Roma Tre), Alejandra Ulla Lorenzo (GIC-USC) e Ilaria Resta (Roma Tre) abordarán o estudo de aspectos concretos de varias obras de Calderón.

A xornada do venres 10 comeza coa intervención de Fausta Antonucci (Roma Tre) sobre ‘A base de datos Calderón Digital: unha ferramenta imprescindible’. Seguirán os relatorios de María José Martínez López (GIC-UDC), Candela Iglesias Balsa (GIC-USC), Elena Merlino (Roma Tre) e Isabel Hernando Morata (GIC-USC), que darán a coñecer as súas análises sobre distintas obras do dramaturgo.

O encontro está organizado polo Proxecto de investigación Calderón dixital (PID2020-114711GB-I00) e o grupo de investigación Calderón (ED431C 2023/06). Colaboran na organización o Grupo TeSpa-Roma Tre, proxecto de investigación TeSpa (PRIN 2022SA97FP), a Asociación Internacional Siglo de Oro (AISO) e o Instituto de Investigación en Humanidades da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.01.2025.