Este mércores remata a III Semana da Danza Latina na USC

O Espazo de Danza da USC que dirixe Juan Carlos Zahera celebra este mércores a derradeira sesión da III Semana da Danza Latina, que este ano supera as dúas edicións anteriores coa mostra de traballos así como clases abertas a todo o público.
O evento trasládase este mércores 7 da Paraza de Praterías ao Campo de Hoquei do Campus Vida (tras da Residencia Universitaria Fonseca) para celebrar ás 20.00 horas unha sesión de demostracións individuais e colectivas dirixidas polo profesor Miguel David Herrera Lage e amenizadas coa música en directo do grupo ArtLatin. A clase aberta será a partir das 21.00 horas.