Salón de Actos
Ciclo de Cinema Filosófico

Organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, a vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico consistirá na proxección dunha selección de curtas experimentais de 1923 a 2009. A cita será ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
Os filmes seleccionados son:
1. Man Ray: Le retour à la raison, 1923 (3 min.)
2. Hans Richter: Vormittagsspuk, 1928 (6 min.)
3. Germaine Dulac: Disque 957, 1928 (5 min.)
4. Ralph Steiner: Mechanical Principles, 1933 (10 min.)
5. Maya Deren: At Land, 1944 (15 min.)
6. Stan Brakhage: The wonder ring, 1955 (6 min.)
7. Kurt Kren: 4/61: Mauern-Positiv-Negativ und Weg, 1961 (6 min.)
8. Joseph Bernard: White Film, 1978 (4 min.)
9. Dóra Maurer: Triolets, 1980 (9 min.)
10. Toshio Matsumoto: Relation, 1982 (8 min.)
11. Ute Aurand: Am Meer, 1995 (3 min.)
12. Sarah Pucill: Yo Be Mother, 1990 (7 min.)
13. Jennifer Reeves: Trains are for dreaming 2009 (7 min.)
Trátase dunha actividade do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía que conta cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o estudantado da USC.
