27.02.2025 | 19.00h

O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, ofrece unha conferencia o 27 de febreiro organizada pola Asociación de Antigos Alumnos AlumniUSC.
A charla, que leva por título 'Intelixencia Artificial: nin tan intelixente, nin tan artificial', terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.