Pasar al contenido principal

Conferencia ‘A peregrinación italiana a Santiago: unha historia europea’ a cargo do profesor Paolo Caucci von Sauken

07.02.2025 | 12.00h

Salón de Graos

Enmarcada nos actos de conmemoración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía

Conferencia ‘A peregrinación italiana a Santiago: unha historia europea’
Conferencia ‘A peregrinación italiana a Santiago: unha historia europea’

O profesor Paolo Caucci von Saucken, un dos máis importantes expertos do Camiño de Santiago, pronunciará o 7 de febreiro na Facultade de Filoloxía a conferencia ‘A peregrinación italiana a Santiago: unha historia europea’. A charla, ás 12.00 horas no Salón de Graos, enmárcase nos actos de conmemoración do 50 aniversario do centro universitario.

O acto estará presidido polo decano  da Facultade de Filoxía, Elias Feijó Torres, e contarase coa asistencia do director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; do director da Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa; e do Cónsul honorario de Italia, Francesco Milani. O profesor Caucci será presentado polo profesor Benedict Buono, vicepresidente do Comité de Vigo da Asociación Dante Alighieri.

Paolo Caucci von Saucken (Ascoli Piceno, 1941) é doutor en Dereito e en Letras Modernas pola Universidade de Florencia. Foi Lector de italiano e profesor encargado de curso na Universidade de Santiago de Compostela (1968-69 e 1969-1970) e na UNED no curso 1973-74, ademais de catedrático da Universidade de Perugia, ata o ano 2012.

É un dos máis importantes estudosos e expertos do Camiño de Santiago, en particular da presenza italiana desde a Idade Media ata hoxe. Membro de múltiples comités nacionais e internacionais que teñen como obxecto o estudo e a promoción dos itinerarios medievais de peregrinación, é autor de numerosos ensaios e libros sobre temas relacionados co Camiño de Santiago e coas peregrinacións, moitos dos cales foron traducidos ao español, francés, alemán, etc.

Polas súas actividades recibiu varias condecoracións, como a Medalla de ouro da Universidade de Santiago ao mérito científico (1983), a l Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1993), a Medalla de ouro da Cidade de Santiago ao mérito Cultural (1999) ou a Encomenda de Isabel a Católica (Goberno español ,1999).
 

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.02.2025.