Pasar al contenido principal

Clausúrase a segunda edición do Proxecto Mentoring da USC

A Universidade de Santiago clausura este martes 13 a segunda edición do seu programa Mentoring, que busca reducir a incerteza do alumnado que rematou ou está a piques de rematar a súa etapa universitaria e carece de referencias para orientar axeitadamente o seu perfil ao mercado laboral. Nesta ocasión participaron 141 mentores, e foron 91 os mentortizados que completaron o proceso con éxito.

A clausura do programa terá lugar este martes ás 12.00 horas no Hostal dos Reis Católicos nun acto que presidirá a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, e no que intervirán ademais o secretario xeral técnico da Consellaría de Política Social, Francisco Javier Abad Pardo; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois González; a directora de Institucións de Caixabank, Mª Jesús García Piñeiro; o alumno mentorizado Daniel Regueiro Varela e o mentor José Carballo García.

No mesmo acto, no que se lle entregará un recoñecemento a cada mentor, o vicepresidente de Aguas de Barcelona, Arsenio Olmo Chaos (O Courel, 1959), impartirá a conferencia ‘Traballo sen fin’. Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Barcelona, Arsenio Olmo posúe un MBA polas Universidades Autónoma de Barcelona, Barcelona e Politécnica de Cataluña e un mestrado en Dirección de Recursos Humanos por EADA en 2001. Actualmente é ademais director xeral de Organización de Suez Water Europe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2017.