Venres, 7 de marzo ás 12 h.

O próximo día 7 de marzo as 12h, coincidindo cos actos do "Día Internacional da Muller", vaise inaugurar o punto Violeta da Facultade de Bioloxía. Este espazo de protección fronte o acoso estará situado fronte a porta da biblioteca e no seu correspondente cartel disporá dun QR que enlaza co Protocolo fronte as violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC. Ademais o seu lado haberá un Buzón de suxerencias, onde se recibirán todos os comentarios anónimos que se queiran facer. As suxerencias e comentarios serán lidos pola comisión de Igualdade da facultade.