Pasar al contenido principal

Charla 8M: "Páxinas rebeldes: o poder das librarías feministas e a voz das mulleres"

17.03.2025 | 11.00h

Biblioteca Intercentros
Facultade de Humanidades
Salón de Graos

O relatorio estará a cargo das responsables da libraría feminista "Lila de Lilith"

Cartaz coa descrición da charla polo 8M
Charla 8M con Lila de Lilith

O 17 de marzo, ás 12.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades, terá lugar unha charla coas responsables da libraría "Lila de Lilith" sobre a posta en marcha e xestión dunha libraría feminista. Esta charla, encadrada nos actos da USC polo Día Internacional das Mulleres, leva por título "Páxinas rebeldes: o poder das librarías feministas e a voz das mulleres".

Previamente á celebración desta charla, farase unha visita guiada polo persoal da Biblioteca Intercentros aos fondos da súa colección de Xénero. Todas as persoas interesadas en participar nesta visita deben estar na entrada da Biblioteca Intercentros ás 11.00 horas.

Esta iniciativa está organizada pola Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades e conta coa colaboración da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, a Facultade de Ciencias, a Facultade de Formación do Profesorado e a Facultade de Veterinaria.

As dúas actividades están abertas a toda a comunidade universitaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2025.