Pasar al contenido principal
Imaxe representativa
A Plataforma ofrece solucións avanzadas no eido da xenética, a xenómica así como no uso do peixe cebra en estudos de cancro, enfermidades raras e toxicidade para proxectos de investigación en diversas áreas. Coa experiencia e a tecnoloxía coa que conta a Plataforma facilítase o desenvolvemento de estudos e proxectos nun amplo rango de disciplinas científicas.

A Plataforma xurde do grupo de investigación ACUIGEN con máis de 30 anos de traxectoria e adscrito ao Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade científica, centrada na Xenética aplicada á acuicultura e conservación de recursos biolóxicos, está avalada por publicacións internacionais, tesis doctorais e unha ampla participación en proxectos autonómicos, nacionais e internacionais.

Os estudos de ACUIGEN abarcan diversas especies acuáticas e pesqueiras, como peixes mariños e continentais (rodaballo, troita, robaliza, dourada, linguado, pescada), moluscos (mexillón, ameixa, ostra, berberecho) e crustáceos (lagostino, quisquilla), así como otras especies relacionadas con proxectos de conservación de recursos xenéticos de animais e plantas (vacún, porco, coello, oso pardo, mexillón de río, cabaliño de mar, castiñeiro, teixo, árnica, entre outros).

Nos primeiros anos, a plataforma ofrecía servizos básicos como a extracción e purificación de ácidos nucleicos, amplificacións de ADN mediante PCR, secuenciación Sanger e análise de fragmentos de ADN. Cos avances tecnolóxicos, tense incorporado técnicas de secuenciación de nova xeración (NGS) e tecnoloxías de análise funcional (metiloma, ATAC-seq, chip-seq), permitindo analizar a totalidade do xenoma ou rexións específicas para dar solucions mais eficientes en proxectos de tipo aplicado ou básico.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.04.2025.