Pasar al contenido principal

Xornadas de Nova Investigación do Idega

'Recuperación e Sustentabilidade: a rehabilitación de Cascos Históricos como piar de desenvolvemento urbano'

12.03.2025 | 16.30h

O relatorio corre a cargo de Nerea M. Otero

Esta primeira sesión, explican dende o IDEGA, promete ser “unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a investigación en curso sobre rehabilitación urbana". Imaxe de arquivo da cidade de Lugo. FOTO: Pixabay
Esta primeira sesión, explican dende o IDEGA, promete ser “unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a investigación en curso sobre rehabilitación urbana". Imaxe de arquivo da cidade de Lugo. FOTO: Pixabay

‘Recuperación e Sustentabilidade: a rehabilitación de Cascos Históricos como piar de desenvolvemento urbano’ é o título do relatorio co que Nerea M. Otero Vale abre este mércores 12, as Xornadas de Nova Investigación que o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) desenvolve ao longo dos meses de marzo, abril e maio na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC. O relatorio poderá seguirse en liña a través de Teams e dará comezo ás 16.30 horas. 

Graduada en Xeografía e Ordenación do Territorio e cun mestrado en Planificación e Xestión Territorial, Otero Vale analizará a importancia da recuperación do patrimonio arquitectónico e urbanístico como elemento clave para un crecemento sostible e equilibrado das cidades, combinando o respecto pola historia coa mellora da calidade de vida da cidadanía. O director do Idega e catedrático da USC, Rubén Camilo Lois González, pertencente ao grupo en Análise Territorial (ANTE), é o director-titor desta investigación. 

Esta primeira sesión, explican dende o IDEGA, promete ser “unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a investigación en curso sobre rehabilitación urbana, así como para reflexionar sobre os retos e oportunidades que supón a posta en valor dos cascos históricos dentro do modelo de desenvolvemento territorial”. 

Cartel do evento
Cartel do evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.03.2025.