Pasar al contenido principal

Minisimposio ‘Chemical and Synthetic Biology for Molecular Materials and Biomedicine’

Imaxe do evento
Imaxe do evento

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) acolle o martes 18 o minisimposio ‘Chemical and Synthetic Biology for Molecular Materials and Biomedicine’ a cargo de Roman Jerala e Alexander Kros.

Alexander Kros, do Instituto de Química da Universidade de Leiden, será quen pronuncie ás 10.15 horas o relatorio ‘Enhancing RNA Delivery and Cell Specificity’, mentres que o de Roman Jerala, do departamento de Bioloxía Sintética e Inmunoloxía do Instituto Nacional de Química de Eslovenia, leva por título ‘Synthetic biology based on modularity for protein design and mammalian cell regulation’.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2025.