Pasar al contenido principal

Acto de entrega dos XX Premios á Calidade Lingüística

21.03.2025 | 12.00h

Paraninfo da Universidade

Paraninfo da Universidade
Paraninfo da Universidade

O Paraninfo da Universidade acolle o venres 21 o acto de entrega da vixésima edición dos Premios á Calidade Lingüística en galego dos traballos académicos, traballos de fin de grao (TFG) e traballos fin de mestrado (TFM) da USC do curso 2023-2024. 

A cerimonia estará presidida polo reitor Antonio López e nela participarán ademais a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, e Lucía Campos González en representación das persoas premiadas. O acto estará amenizado por un cuarteto formado pola soprano Alicia Gómez, os violíns Carla Veiga e Alejandro González e a viola Iria Fernández, todas e todos estudantes da USC.

Con esta iniciativa, a Universidade de Santiago busca fomentar unha cultura de calidade no uso do galego entre o estudantado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.03.2025.