Pasar al contenido principal

Un curso explorará a situación presente e desafío de futuro na radioloxía hospitalaria

Un curso explorará a situación presente e desafío de futuro na radioloxía hospitalaria
Un curso explorará a situación presente e desafío de futuro na radioloxía hospitalaria
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2017. O prazo de inscrición rematará o próximo 2 de xuño

A radioloxía como especialidade e as particularidades dos distintos procedementos radiolóxicos en áreas concretas definen o programa dun curso de verán que organizan a USC e a Sociedade Galega de Radioloxía. Celebrarase no Aulario Nóvoa Santos os días 12 e 13 de xuño baixo a dirección de José Enrique Millán Suárez, Rafaela Soler Fernández e Miguel Souto Bayarri cunha carga lectiva de 16 horas. A matrícula pódese formalizar a través da web ata o próximo 2 de xuño.

O programa principiará nunha xornada na que se abordará o pasado, presente e futuro da especialidade en Galicia e que terá continuidade noutra que reflexiona sobre este eido no proceso médico nunha conversa con Rafaela Soler na que tamén se referirá á elección de Radioloxía no MIR. Arredor deste último aspecto, está previsto tamén tratar a visión do residente, durante e despois da residencia, para explicar en qué consiste o traballo cotiá.

Este curso é unha oportunidade para presentar a situación actual e posibilidades futuras de desenvolvemento en distintas especializadades como a radioloxía intervencionistas, a abdominal, de mama, urxencias, musculoesquelética, pediátrica clínica ou radioloxía clínica. Ademais haberá espazo para a formación do/a residente, as novas tecnoloxías e mesmo a utilización de Internet cunha sesión que profundará nos sistemas de visualización, arquivo e transmisión de imaxes, PACS e SIDI.

Ligazóns relacionados:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2017.