10.04.2025 | 12.00h
Salón de Graos

O catedrático do Departamento de Filoloxía Galega Ernesto Xosé González Seoane participará o 10 de abril no ciclo de conferencias de ex decanas e ex decanos que o centro organiza dentro dos actos de conmemoración do seu 50 aniversario.
O profesor González Seoane foi decano da Facultade entre os anos 2004 e 2012, e na súa conferencia falará precisamente desa época ante o reto de Boloña.