Pasar al contenido principal

Special Olympics Galicia

XXV Xogos Autonómicos de Atletismo

26.04.2025 | 10.00h-20.00h

Av. de Novoa Santos, 4, 15705 Santiago de Compostela
Pistas de Atletismo da USC

Organización:
- Special Olympics Galicia

Entidades colaboradoras:
- Asociacións ASPAS
- Fundación USC
- Universidade de Santiago de Compostela

Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e de conseguir a súa inclusión social a través do deporte, o ocio ou a cultura.

25º Xogos Autonómicos de Atletismo
Special Olympics Galicia

As metas nas súas competicións deportivas diríxense cara ás dotes persoais de cada participante, redirixindo a atención —non ás súas limitacións— cara á potenciación de características como: a iniciativa, o liderazgo, a cooperación, o valor e o autodominio, en definitiva do seu empoderamento.

Igualmente, en  Special Olympics Galicia potencian as cualidades de cada persoa como: a axilidade, a flexibilidade, a resistencia, a coordinación, a expresión, a comunicación e a relación social entre outras. Todo isto, redundará nunha mellora da confianza e da autoestima da persoas con discapacidade intelectual, potenciando e promovendo a súa inclusión social.

Un dos principios é a mellora da calidade de vida da persoa con discapacidade intelectual a través da práctica deportiva, fomentando, facilitando e promovendo o seu acceso ás actividades físicas e deportivas e logrando que a súa práctica se desenvolva nunha contorna e condicións o máis normalizadas posible. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2025.