Pasar al contenido principal

Inauguración da mostra 'Isidorus relectus, o poder da palabra'

24.04.2025 | 12.00h

Primeiro andar

Detalle do cartel
Detalle do cartel

Como parte das actividades organizadas con motivo da Semana da Facultade de Filoloxía coincidindo coa celebración do patrón, San Isidoro de Sevilla, o centro inaugura este xoves 24, ás 12:00 horas no primeiro andar, a exposición Isidorus relectus, o poder da palabra. Con ela preténdese divulgar o patrimonio da Biblioteca Universitaria exhibindo edicións antigas e modernas e traducións a diversas linguas da prolífica produción isidoriana.

A apertura contará coa presenza da vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo; o decano da Facultade, Elias J. Feijo; a directora da biblioteca do centro, Pilar Jambrina; a comisaria da exposición, Helena de Carlos, e a vicedecana da facultade de Filoloxía, Elsa González.

Ao rematar o acto, desenvolverase no salón de actos unha mesa redonda para dar a coñecer Isidoro de Sevilla, figura complexa e fundamental, ponte entre o mundo antigo e a Idade Media. As múltiples capas que envolven o personaxe, dende o bispo de Sevilla, estudoso herdeiro da rica tradición do pensamento etimolóxico, ata o santo rescatado en diversas ocasións ao longo da historia peninsular, serán analizadas por tres especialistas nas letras da Tarda Antigüidade: Xosé Carracedo Fraga, Joel Varela Rodríguez e Helena de Carlos Villamarín.
 

Cartel da exposición
Cartel da exposición
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2025.