Pasar al contenido principal

Simposio de Investigación Psicodélica de Santiago

20.05.2025 | 16.00h-19.00h
Imaxe psicodelia
Imaxe psicodelia

O Laboratorio de Realidades Intanxibles que dirixe no CiTIUS da USC o investigador David Glowacki organiza o 20 de maio o Simposio de Investigación Psicodélica de Santiago. A cita, de 16.00 a 19.00 horas, será na Facultade de Medicina e para asistir é preciso inscribirse previamente.

O programa do encontro comezará co relatorio ‘Psicodélicos e Saúde Pública’ a cargo de Pedro Teixeira, para continuar con ‘Terapia de reconstrución de significado asistida por ayahuasca como recurso temprano para o duelo’ a cargo de Débora González.

‘O baleiro fértil: como os psicodélicos deconstrúen a conciencia para darlle significado’ e o título da intervención de Chris Timmermann, á que lle seguirá unha quenda final de preguntas e debate co público asistente que moderará o propio Glowacki.

O Laboratorio de Realidades Intanxibles contén unha mestura ecléctica de científicos computacionais, enxeñeiros, filósofos e artistas, todos traballando para responder preguntas e resolver problemas na interface da tecnoloxía, a ciencia e a estética. Actualmente céntranse na aplicación de tecnoloxías de realidade virtual, aprendizaxe automática e informática de alto rendemento para transformar conceptos abstractos invisibles como "enerxía", "moléculas" ou "espírito" en experiencias tanxibles, interactivas, inmersivas e multisensoriales.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2025.