Pasar al contenido principal

Proxección de ‘Coup pour Coup’ (1972), de Marin Karmitz

14.05.2025 | 18.00h

Salón de Actos

Detalle do cartel
Detalle do cartel

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía será o mércores 14 de maio ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Proxectarase o filme Coup pour Coup (1972), do cineasta rumano-francés Marin Karmitz.

Coup pour Coup é un filme de cinema social, dirixido polo fundador da produtora e distribuidora independente mk2, que aborda as loitas laborais e feministas en Francia no contexto de despois de maio do 68. A trama segue a unha traballadora dunha fábrica téxtil que, xunto ás súas compañeiras, inicia unha revolta para mellorar as condicións laborais.

A sesión será presentada por Martín Paradelo Núñez, doutor en historia da arte pola USC cunha tese titulada La representación de los espacios suburbanos en el cine ficcional europeo tras la caída del Muro de Berlín. Tamén se dedicou aos estudos culturais e publicou ensaios como Con sumo control. Deseo, consumo, control, dominación (Piedra Papel Libros. Jaén: 2015) ou Gustave Courbet, una pintura de clase (Piedra Papel Libros. Jaén: 2019). Publicou artigos na revista de pensamento libertario Estudios, sendo actualmente membro do seu Consello de Redacción. No ámbito da crítica cinematográfica publicou La imagen en el retrovisor. Alcance crítico de los medios de representación cinematográficos en cuanto al sentido social del espacio urbano (Ellago, 2015).

Esta é unha actividade do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Cultura e Estudantes e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da nosa universidade. Entrada de balde ata completar a capacidade do espazo.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2025.