Unha enquisa anónima e voluntaria avalía a opinión do estudantado sobre as políticas de igualdade

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX), está a desenvolver un estudo para coñecer as opinións e actitudes do estudantado sobre as políticas de igualdade. Esta iniciativa baséase nunha enquisa anónima e de participación voluntaria á que se pode acceder a través dunha ligazón que foi enviada por correo electrónico ao conxunto do estudantado a través das listas de distribución institucionais. A USC agradece o esforzo das persoas que participen e que fagan que esta investigación poida ter resultados útiles.
O estudo de corresponsabilidade enmárcanse nas actividades que a USC vén desenvolvendo dentro das actuacións de colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia recollidas no Plan Corresponsables. Para calquera dúbida sobre a investigación pode enviarse un mail ao enderezo oix [at] usc.gal (oix[at]usc[dot]gal). As consultas en materia de protección de datos poden formularse a través de protecci%C3%B3ndatos [at] usc.gal (proteccióndatos[at]usc[dot]gal)