Pasar al contenido principal

A USC súmase á conmemoración do Día da Convivencia

A USC pertence á Rede de Comisións de Convivencia das Universidades. Foto: Santi Alvite
A USC pertence á Rede de Comisións de Convivencia das Universidades. Foto: Santi Alvite
Representantes da Rede de Comisións de Convivencia das Universidades, da que a USC forma parte, reúnense hoxe na Miguel de Cervantes

A Universidade de Santiago de Compostela súmase este venres 16 de maio aos actos de celebración do Día Internacional da Convivencia en Paz que a CRUE desenvolve na Universidade Europea Miguel de Cervantes coa participación de Pacto pola Convivencia, iniciativa sobre convivencia e cohesión social na que a institución está representada.

As universidades españolas conmemoran esta data cun acto no que interveñen representantes da  Rede de Comisións de Convivencia das Universidades da que a USC forma parte e que á súa vez pertence á sectorial de Secretarías Xerais das Universidades que preside o reitor Antonio López e en cuxa executiva figura tamén o presidente da Comisión de Convivencia da USC, Carlos Gómez Otero.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.05.2025.