- Entidad
- Eures Alemania
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

Benvido/a ao "Kindergarten"!
Traballa como educador/a en escolas infantís públicas en Múnic e arredores
Requisitos:
- Persoas co título de: ou Grao en Mestre/a de/en Educación Infantil ou Grao en Educación Infantil ou Mestra/o Especialidade de Educación Infantil
- Nacionalidade dun Estado membro da UE ou permiso de residencia permanente na UE (en caso de cidadanía dun terceiro país)
- Dispoñibilidade para a realización do curso intensivo de alemán
- Posteriormente, os candidatos seleccionados deberán presentar ademais ou un certificado de antecedentes penais en vigor e ou unha vacina contra o sarampelo (ou inmunidade á mesma)
Que che ofrecemos:
- Contrato laboral indefinido nunha escola infantil da Cidade ou a Comarca de Múnic
- Xornada completa; salario (primeiros 6 meses): 3.100 - 3.300 euros brutos/mes; a continuación: 3.400 - 3.800 euros brutos/mes
- Axuda na procura de aloxamento e apoio en trámites
- Formación continua e posibilidades de promoción
- Curso de alemán A1-A2 subvencionado EURES*
- Curso de continuación B1-B2 subvencionado en Alemaña, en paralelo ao traballo
- Axudas á mobilidade EURES* (viaxe entrevistas, mudanza, homologación,…)
*A concesión de subvencións está suxeita ao cumprimento de requisitos establecidos por EURES/ZAV.
Para participar envía o teu CV actualizado, copia da túa titulación en educación infantil e copia do teu documento de identidade (en caso de cidadanía dun terceiro país, incluído o permiso de residencia permanente na UE) antes do 31 de maio 2025 a ZAV.Regionenteam-Eu [at] arbeitsagentur.de (ZAV.Regionenteam-Eu[at]arbeitsagentur[dot]de)
O día 3 de xuño de 16.30 a 18.00 horas terá lugar un evento informativo para os preseleccionados.