En dous anos podes ser Oficial da Armada

Requisitos:
Alumnos de Enxeñaría ou ADE
Contacto: infosubdirec_reclutamiento [at] fn.mde.es (infosubdirec_reclutamiento[at]fn[dot]mde[dot]es)
A actividade está dirixida principalmente a estudantes de grao e posgrao de facultades de Enxeñería ou ADE que poden ingresar nos distintos Corpos da Escala de Oficiais dos exércitos. E durante estas xornadas, os participantes vivirán unha auténtica experiencia onde poderán convivir cos alumnos do centro e realizar actividades de formación que eles realizan, ademais de recibir charlas informativas sobre as opcións profesionais para coñecer de primeira man a Armada e as particularidades o traballo nela. Estas actividades inclúen navegación a vela e en lanchas de instrución, uso de simuladores como o de navegación, prácticas de supervivencia e de tiro etc.