Pasar al contenido principal

Entrega de premios dos concursos SEEC-Galicia

12.06.2025 | 17.00h

Salón de Actos

A cerimonia é en Filoloxía. Foto: Santi Alvite
A cerimonia é en Filoloxía. Foto: Santi Alvite

O acto de entrega de premios dos concursos organizados no ano 2025 pola Sección de Galicia da Sociedade Española de Estudos Clásicos terá lugar o xoves 12 ás 17:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. Nestes concursos participou un total de 1.023 estudantes de Secundaria e Bacharelato de centros de estudo de toda Galicia.

Na cerimonia intervirán o decano da Facultade de Filoloxía da USC, Elías Feijó Torres; o director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC, Virgilio García Trabazo, e o presidente de SEEC-Galicia, Xosé Carracedo Fraga.

En concreto, entregaranse os premios da XX edición do concurso de cultura clásica Odisea, no que participaron 924 estudantes, e os da X Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2025.