20.06.2025 | 19.30h
Salón de Actos

A XV Promoción de Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos celebra o 20 de xuño o seu acto de graduación, que presidirá o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, ás 19:30 horas no Salón de Actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais.