Acto de graduación de Historia
A promoción 2013-2017 de Historia celebra este sábado 6 o seu acto de graduación nunha cerimonia que terá lugar ás 17.00 horas no Paraninfo da Universidade, sito na Facultade onde cursaron os seus estudos.
A cerimonia estará presidida polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e nela participarán ademais o decano do centro, Francisco Durán, e os docentes Mar Llinares e José Carlos Bermejo, madriña e padriño da promoción.