Pasar al contenido principal

Seminario de futuros urbanos co arquitecto e historiador grego Panagiotis Farantatos

19.06.2025 | 19.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas do Decanato

Co relatorio ‘Fragmentos dunha sustentabilidade futura: Jan Reiner desde a Cidade Radiante ás Eco-cidades’

O seminario será na facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
O seminario será na facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

O Seminario de Futuros Urbanos do grupo ANTE e do IDEGA desenvolve o xoves 19 de xuño, ás 19:00 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia, unha nova sesión coa presenza do profesor titular no Departamento de Historia da Arte da Aarhus University (Dinamarca), Panagiotis Farantatos. Este arquitecto e historiador intervirá co relatorio ‘Fragmentos dunha sustentabilidade futura: Jan Reiner desde a Cidade Radiante ás Eco-cidades’, que será seguido por unha discusión aberta a todas as persoas presentes.

Panagiotis Farantatos é diplomado en arquitectura (2007) e posúe un mestrado de especialización (2010) pola School of Architecture, National Technical University of Athens, así como un doutoramento en historia da arquitectura pola University of Oslo (2019). Editou as traducións ao grego de Modulor e Modulor 2 de Le Corbusier (2015). Entre as súas publicacións recentes atópanse Plastic Leisure for All. The Hexacube and the Seaside Development of Leucate-Barcarès en Sibe Bozdoğan et al. (eds), Coastal Architectures and Politics of Tourism. Leisurescapes in the Global Sunbelt (Routledge, 2023), e Embodied memories, retroactive traces: Le Corbusier’s travel sketches en Le Modulor en Architectural Histories, 2025.

No ano 2022 organizou o simposio internacional The Architecture of Copies / Copies of Architecture (Aarhus University) e é o presidente xeral do próximo 9º Congreso Bienal da European Architectural History Network (EAHN), que se celebrará en Aarhus en xuño de 2026.
 

Panagiotis Farantatos
Panagiotis Farantatos
Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2025.