Pasar al contenido principal

Última chamada para presentar comunicacións ao IV encontro ‘Entre Clío e Euterpe: Arte e Poder’

Última chamada para presentar comunicacións ao IV encontro ‘Entre Clío e Euterpe: Arte e Poder’
Última chamada para presentar comunicacións ao IV encontro ‘Entre Clío e Euterpe: Arte e Poder’

A asociación estudantil ‘Entre Clío y Euterpe: Arte y Poder’ mantén aberto ata este venres o prazo para enviar artigos ao cuarto encontro de novos investigadores que analizará, os días 15 e 16 de xuño na USC, a relación entre as expresións artísticas e o poder como capacidade de influencia social.

O ciclo, de carácter aberto e gratuíto, consistirá nun conxunto de mesas temáticas nas que se desenvolverán relatorios de entre 15 e 20 minutos, co posterior debate ao remate de cada un.

O encontro propón puntos de encontro entre distintos ámbitos, facilitando una confluencia interdisciplinar de novos investigadores de campos tan diversos como a historia, a arte, as ciencias políticas e/ou sociais, a música ou os audiovisuais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2017.