Pasar al contenido principal

Un ouro, catro pratas e dous bronces, balance final da USC nos Campionatos de España Universitarios

Nos campionatos de España Universitarios disputados nas últimas semanas, os representantes da USC colectaron un ouro, catro pratas e dous bronces nas distintas fase finais disputadas. Ruth Tilve, na categoría feminina de minimosca, alzouse ao caixón máis alto na final do campionato de Taekwondo, disciplina na que Luis Reiriz -peso pluma- e Lucía Viétez –medio- foron bronce. En kárate, na modalidade kata, Paula Ramos rematou a fase final como sub campioa de España.

Na modalidade de loita, Iván González Muñiz (-80) chegou á final e alzouse coa prata, mentres que David Seijo Núñez (-80) escalou ata o carto posto. En xadrez, Lucas Abal Cores proclamouse subcampión de España Universitario, o mesmo que o equipo da USC, na segunda posición con 18,5 puntos e entre 24 universidades participantes.

No Campionato de Pádel, Antón Pastur Valdés e Jacobo Pérez Cendón alcanzaron os cuartos de final, mentres que o equipo de voleibol ascendeu ata a sétima praza na fase final disputada en Murcia.

En atletismo, Mar Chillón rematou cuarta en marcha; mentres que Teresa Rodríguez e Miguel Pérez clasificáronse na quinta posición en 100 e 110 metros valados. Na sexta posición rematou Javier García no 200 metros lisos e oitavo en 100 lisos, mentres que Fernando Vales foi noveno en 800, a mesma posición que Rosa Manzano no triplo salto. Na décimo primeiro posición clasificáronse Mónica Álvarez (400 metros valados) e Alicia González Peso; na décimo terceira Iván Manso (3.000 obstáculos); e na décimo cuarta, Iago Núñez (110 valados).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2017.