Pasar al contenido principal

Coloquio ‘Diálogo, sátira e memoria no cancioneiro medieval. Conexións textuais e socioculturais’

03.07.2025 | 09.45h-19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Detalle do cartel
Detalle do cartel

Dedicado ao patrimonio literario medieval galego-portugués, o proxecto de investigación Redes Líricas desenvolve o 3 de xullo na Facultade de Filoloxía un encontro académico que contará coa presenza de recoñecido persoal investigador das tres universidades galegas e de Portugal, especialistas nos estudos medievais.

O coloquio Diálogo, sátira e memoria no cancioneiro medieval. Conexións textuais e socioculturais pretende expor e debater novas hipóteses e puntos de vista sobre autores e textos literarios galego-portugueses, especialmente aqueles de vertente satírica. Así, o programa percorrerá distintos tipos de conexión literaria e sociocultural, de xeito que atenderá a relacións textuais e elementos de intertextualidade detectables entre composicións e explorará ligazóns entre autores e a vinculación destes con espazos de produción literaria.

Esta cita científica busca ademais ampliar o coñecemento sobre a creación literaria e os axentes implicados, afondar no contexto cultural e intelectual, así como estimular no público unha reflexión sobre a función da literatura medieval como elemento dinamizador de opinión entre a sociedade da época. Tal e como explican dende a organización, “quérese dar unha maior visibilidade aos axentes que interviñeron na confección, promoción e divulgación de cantigas e poesías, profundando nas coordenadas concretas en que puideron desenvolver o seu labor, estimulando a reflexión sobre ese seu papel dinamizador”.

A asistencia é de balde, aínda que se require inscrición previa. Polo seu interese, recoñecese como actividade formativa tanto no Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura como no Programa de Doutoramento en Estudos Medievais.

Este coloquio forma parte das iniciativas e actividades de investigación impulsadas por Redes Líricas (Ref. CNS2022-136047, financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033 UE NextGenerationEU/PRTR).

Cartel do coloquio
Cartel do coloquio
Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2025.