07.07.2025 | 11.00h-11.30h
Salón Reitoral do Colexio de San Xerome

A USC recoñece xa dende hai seis anos as boas prácticas de calidade que poñen en marcha os seus centros docentes. Os premios desta nova edición entregaranse o luns 7 nun acto que presidirá o reitor ás 11.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome e no que tamén participará a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, e o adxunto á Vicerreitoría para a Calidade, Antonio Mosquera Gonzalez.