- Entidad
- Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

Traballa na xerencia de cooperativas.
Análise, planificación e xestión participada en empresas cooperativas.
Requisitos:
-persoas menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, en desemprego e con estudos en áreas da xestión empresarial
Convócanse 4 bolsas xerenciais en cooperativas galegas
EspazoCoop convoca 4 bolsas que darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora, estas bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual de 700 €, coa correspondente cotización á Seguridade Social.
A estadía en prácticas é para analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa. A persoa bolseira e a cooperativa contan ademais co apoio da mentoría e titorización de EspazoCoop, que se realiza en cordinación coa cooperativa apoiando as súas necesidades e demandas. A previsión da duración da estadía é da primeira quincena de outubro 2025 á primeira quincena de abril de 2026, a razón de 25 horas semanais. As bolsas están vinculadas a un programa formativo que vai paralelo á estadía.
Estas son as localidades das cooperativas nas que se realizarán as estadías das bolsas:
- Allariz (1 bolsa)
- A Pobra do Caramiñal (1 bolsa)
- As Neves (1 bolsa)
- Vigo (1 bolsa)