Peche da aplicación do procedemento antigo do programa ACADEMIA (ANECA)

O 31 de outubro de 2025 deixará de estar dispoñible o acceso á aplicación do procedemento antigo do programa ACADEMIA (Real Decreto 1312/2007) na sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
A partir dese momento, deixará de funcionar o servizo de xeración de CVN e os documentos ou outra información asociada ás solicitudes de acreditación presentadas nesa sede xa non estarán dispoñibles ao público.
Os/as titulares destas solicitudes que desexen xerar un CVN ou descargar a súa información profesional, deberán facelo antes da data de peche da aplicación. (Ver apartado O programa ACADEMIA / Formalizar a solicitude.)
Lembra que podes consultar a guía completa da BUSC sobre ACADEMIA: Programa de acreditación do profesorado universitario funcionario.