Pasar al contenido principal

II Simposio Memoria pública e posteridade literaria

03.07.2024-05.07.2024 | 09.30h-14.00h

Facultade de Filoloxía e Pazo de Fonseca

Memoria pública e posteridade literaria é o título do segundo simposio que organiza a Cátedra Rosalía de Castro da USC, que botou a andar este mes de xullo con varias iniciativas culturais. O encontro desenvolverase na Facultade de Filoloxía da USC entre os días 3 e 5 de xullo

Memoria pública e posteridade literaria
Cartel do simposio

Programa

3 de xullo. Facultade de Filoloxía. Seminario B13

SESIÓN DE MAÑÁ

09:30 | Inauguración

10:00-12:00
Obxectos de memoria. Análise da cultura visual e material do século XIX.
Modera: María do Cebreiro Rábade Villar (USC).
Marta Palenque (Universidad de Sevilla): «Un museo literario entre volutas de fume: Gertrudis Gómez de Avellaneda, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán nas bitolas da marca ‘Álvaro’».
Ángeles Rodríguez Fontela (USC): «Emilia Pardo Bazán: construíndo o branding literario. Dende a fotografía e a publicidade».
Rosario Ramos Pérez e Violeta Chillarón Fernández (Biblioteca Nacional de España): «A representación gráfica de figuras da literatura do século XIX na colección de Ephemera da BNE».

12:00 | Pausa

12:30 a 14:00
Como pensar as culturas de homenaxe?
Mesa redonda sobre metodoloxía dos grupos CALIBRAM e ESCORE.
Modera: María do Cebreiro Rábade Villar (USC).
Enrique Santos Unamuno (Universidad de Extremadura) e Jaume Subirana Ortín (Universitat Pompeu i Fabra).

SESIÓN DE TARDE

16:00-17:30
‘Deconstructing’ Curros: cantos de homenaxe, lugares de memoria.
Modera: Arantxa Fuentes Ríos (USC).
Helena Miguélez Carballeira (BangorUniversity). «O lugar dos monumentos a Curros Enríquez na Coruña e Vigo: desarrollismo urbano, ideoloxía e memoria cultural».
Dolores Vilavedra Fernández (USC): «A explotación musical da poesía currosiana na construción da memoria do poeta: algúns fitos, algunhas hipóteses».

4 de xullo. Facultade de Filoloxía. Seminario B13

SESIÓN DE MAÑÁ
 

10:00-11:30
Que é unha autora? Bioficción, biografía e construción da imaxe autorial.
Modera: Fernando Cabo Aseguinolaza (USC).
Pura Fernández (CSIC). «Biografías armadas, vidas malogradas: de Gustavo Adolfo Bécquer a Casta Esteban ou os dispositivos do escándalo na posteridade literaria».
Ramón Veiga Alonso (USC). «‘Yo no tengo pretensión de saber escribir’. Juana de la Vega e a memoria da primeira metade do século XIX».

11:30 | Pausa

12:00-13:00
Vidas de Doña Emilia: escolarización e calendarización literarias.
Modera: Margarita García Candeira (Universidad de Huelva).
María López Sández (USC). «A construción da imaxe autorial de Emilia Pardo Bazán a través dos materiais didácticos: referentes de asimilación e de contraste».
Arantxa Fuentes Ríos (USC). «Emilia Pardo Bazán ante si mesma: construcións biográficas e ficticias en torno ao centenario».

13:00 | Coloquio

SESIÓN DE TARDE

16:00-18:15
‘Más se perdió en Cuba’. Posteridade literaria e memoria cultural no espazo transatlántico.
Modera: Margarita García Candeira (Universidad de Huelva).
Germán Labrador Méndez (Princeton University): «O imperio e a diáspora. A imaxinación xeopolítica na construción da memoria cultural durante a Restauración».

Avellaneda: obra e tumba, cunha coda sobre abolicionismo.

Catherine Davies (University of London). «Gertrudis Gómez de Avellaneda (1814-1873): a fama en vida e póstuma. Algunhas observacións».
Ángela Rico Cerezo (Grupo LITESCO, Universidad de Sevilla). «Non ‘He aquí el asilo de la eterna calma’: polémicas en torno á tumba de Gertrudis Gómez de Avellaneda».

Diego Baena (Trinity College, Hartford). «Os recoñecementos impares de Gertrudis Gómez de Avellaneda. Da censura e a marxinación académica a poetisa ‘fundacional’ cubana».

18:15 | Coloquio

5 de xullo. Facultade de Filoloxía. Seminario B13 / Pazo de Fonseca

09:00-10:00
Cartografías da memoria no espazo global. Avances de investigación do grupo LIMCE no ámbito da espacialización literaria.
Modera: Dolores Vilavedra (USC)
Gisella Costas López (USC), Victor Bouzas Blanco (Tysgal), Laura Camino Plaza (USC).

10:00-10:45
José Manuel González Herrán (USC). «‘Señalar con rastro de luz su paso por el mundo’: memoria pública e posteridade literaria en Emilia Pardo Bazán».

10:45 | Peche do simposio

11:00 | Desprazamento ao Pazo de Fonseca (Praza do Obradoiro).

12:30 [Pazo de Fonseca da USC]
Solemne inauguración da Cátedra Institucional Rosalía de Castro da Universidade
de Santiago de Compostela.
 

Concesión da Insignia de Ouro a Catherine Davies, seguida da Lección inaugural «Rosalía de Castro e Cuba».

Cartel do II Symposio Memoria pública e posteridade literaria
Cartel do II Symposio Memoria pública e posteridade literaria
Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.09.2025.