Pasar al contenido principal

Presentación da primeira gramática de lingua galega en checo

16.09.2025 | 12.00h

Sala académica (primeiro andar)

A presentación será na Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite
A presentación será na Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite

O profesor Petr Čermak, da Universidade Carolina de Praga presenta o martes 16, ás 12:00 horas, a primeira gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista checo Bohumil Zavadil. O acto terá lugar na sala académica da Facultade de Filoloxía.

A directora do Centro de Linguas Modernas da USC, Katerina Vlasakova, e o profesor de Filoloxía Xosé Luís Regueira foron as persoas encargadas da revisión do volume, publicado na editorial da universidade Karlova Univerzita de Praga, Karolinum.

Bohumil Zavadil, profesor emérito da Facultade de Letras da Universidade Carolina, completa así a súa serie de gramáticas das linguas de España contemporánea, publicadas sucesivamente por esa editorial universitaria (Gramática de español contemporáneo. Un enfoque lingüístico interpretativo, con Petr Čermák, 2010, Lingua vasca, Interpretación lingüística, 2010, e Gramática de catalán, 2020). Nesta, o profesor Zavadil realiza unha análise detallada do sistema lingüístico do galego desde unha perspectiva funcional-estrutural. A obra abrangue os planos fonolóxico, morfolóxico e sintáctico, ofrecendo unha explicación clara das regras e dos usos da lingua, ilustrados con numerosos exemplos extraídos, en moitos casos, de obras literarias galegas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.09.2025.