Pasar al contenido principal

O divulgador Antonio Turiel analizou na USC a crise de sustentabilidade e transición enerxética

Antonio Turiel, no centro da imaxe, xunto a participantes na charla coloquio celebrada na USC
Antonio Turiel, no centro da imaxe, xunto a participantes na charla coloquio celebrada na USC
Foi unha actividade promovida dentro das actividades do mestrado de excelencia en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable (MERYCSE) e coa colaboración da Facultade de Bioloxía
Santiago de Compostela

Dentro das actividades formativas que desenvolve o mestrado de excelencia en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable (MERYCSE) e coa colaboración da Facultade de Bioloxía, o investigador e divulgador Antonio Turiel mantivo un encontro con estudantado da USC para debater sobre a crise enerxética que ameaza a sociedade actual e os problemas sociais, económicos e ambientais que supón. O encontro desenvolveuse nunha sesión celebrada na Facultade de Bioloxía co título ‘Crise de sostibilidade e transición enerxética: o que se pode facer e o que non’.

No seu encontro en Santiago, O creador do blog The Oil Crash mostrouse moi crítico coa situación actual e a burbulla enerxética do momento actual, e propuxo un cambio de modelo social para afrontar con garantías a transición ecolóxica na que estamos inmersos como sociedade.

Antonio Turiel é investigador no Instituto de Ciencias do Mar do CSIC e autor de libros como Un futuro sin más, Petrocalipsis, El otoño de la civilización, Sin energía, o El futuro de Europa. Cómo decrecer para una reindustrialización urgente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.10.2025.